26 de abril de 2009

Ciencia Divertida

O pasado 17 de abril os alumnos de primaria puidéronse acercar a ciencia dun xeito lúdico co programa "Ciencia Divertida" no que comprobaron como moito do que creían como maxia era en realidade ciencia. Partindo do lema de Confucio "Contáronmo e esquecino. Vino e entendino. Fíxeno e aprendino", estes talleres dunha hora, tratan de que os alumnos aprendan aqueles conceptos que ofrecen máis dificultade dun xeito ameno e divertido.

Puideron experimentar reaccións químicas con bases e ácidos presentes na súa vida cotiá, con xeo seco e outros experimentos máis.

http://www.cienciadivertida.com/

0 comentarios :