23 de outubro de 2008

Plantillas de caligrafía



En www.mclibre.org podemos atopar unha interesante ferramenta para traballar con aqueles alumnos que precisen mellorar a súa escritura. Trátase dun xenerador de plantillas de caligrafía en formato PDF. So temos que cubrir o formulario coa frase que se queira e, elixir o tipo de pauta, o número de liñas e o tipo de letra. Unha vez marcadas as opcións nos xenerará un arquivo en formato PDF co poderemos abrir ben co Adobe Acrobat Reader ou co máis liviano Foxit Reader. Ademáis, a diferenza doutras páxinas semellantes conta con varios idiomas, entre eles o galego.

0 comentarios :