30 de outubro de 2014

Samaín 2014

Hoxe quixemos celebrar o Samaín cunha pequena exposición de cabazas que tallamos entre todos. A nosa intención ao tallalas foi que cada unha delas espertara una emoción distinta. Este foi o resultado:



A antiga festividade céltica do samaín  foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

A orixe etimolóxica da palabra Halloween provén da expresión "All Hollows Eve", que en castelán significa "A véspera de todos os Santos". Foi o xeito que tivo a Igrexa de apropiarse dunha celebración de orixe pagá. Porque eran os celtas quenes celebraban o Samaín (Samhain en Irlanda e Escocia), os cales honraban aos seus antecesores a noite do 31 de Outubro ao 1 de Novembro. Dende fai uns anos na Galiza estamos a recuperar esta tradición celta. Samaín marcaba para os celtas o comezo do inverno e tamén o comezo do novo ano. O obxectivo era honrar aos antepasados, escorrentar aos malos espíritos e celebrar o ritual da última colleita.

Fonte consultada: Galipedia






9 de outubro de 2014

FACENDO PAN

Aproveitando o estudo do tema 1 "Os seres vivos" na área de Ciencias da Natureza aprendimos que hai alimentos moi importantes para o ser humano, como o pan, que non poderíamos fabricar sen a axuda de certos seres vivos como son os fermentos.
O fermento empregado para facer pan tamén se coñece polo nome de "masa nai" e é unha mestura fundamentalmente de fariña e auga, habitualmente en proporcións similares, na que se propicia a reprodución dos fungos ou fermentos que de forma natural se encontran dispersos no  noso ambiente. Estes fermentos, do xénero Saccharomyces, son uns microorganismos que se adhiren á superficie dos froitos e grans, por iso existen nas fariñas, especialmente nas integrais, que conservan polo menos parte da envoltura exterior do gran. Ao mesturar a fariña con auga e deixar repousar a mestura, a temperatura ambiente, pasado un tempo estes microorganismos comezan a reproducir e a fermentar esa masa. Normalmente é tan só cuestión de ter un pouco de paciencia.


Despois de 5 días alimentando a nosa masa nai xa a tiñamos lista para facer pan. Facer pan con masa nai, é dicir, engadir a unha masa de pan unha porción de masa previamente feita e en plena fermentación, é o método que usaban os nosos antergos para fermentar o pan, usar masa vella fermentada dun amasado anterior, moito mellor que a levadura artificial que mercamos no super. Esta masa nai vainos proporcionar un pan con máis sabor e cunha maior duración. Nós non tiñamos masa nai previa polo que comezamos o proceso de cero, fabricando o noso propio fermento.

Velaiquí algunhas fotos dalgunha parte do proceso. Amasamos na nosa aula e unha vez a masa levedou, duplicando o seu tamaño, xa estaba lista para bolear polo que dividímola en pequenos boliños e nun bolo grande que deixamos fermentar unhas  dúas horas para  posteriormente levalo xa ao forno do comedor.
















E eiquí están os mestres panadeiros artífices deste fantástico pan:









20 de xuño de 2014

LECTURAS PARA O VERÁN (2014)

Xa estamos de vacacións. É o momento de descansar, estar coa familia e os amigos, xogar, ir á praia, á piscina... Pero tamén podemos dedicar un pouco do noso tempo para desfrutar da lectura cun bo libro.

Velaiquí unha proposta variada, tanto en lingua galega coma castelá, para que poidades escoller o que máis vos guste. 

(Preme na imaxe para ver todo o documento).

 lecturas verán

13 de xuño de 2014

Terras do Miño

Este venres fomos a Lugo para visitar o Centro de Interpretación Terras do Miño. As instalacións atópanse nun antigo muíño do século XIX, situado na beira do río Rato.

Esta visita permitiunos coñecer un pouco máis o contorno do río Miño así como sensibilizarnos da importancia do coidado deste ecosistema que no 2002 foi recoñecido pola UNESCO coa distinción de Reserva da Biosfera.







15 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014



Mañá venres celebraremos no salón de actos as Letras Galegas. Coma xa sabedes, este ano 2014, o poeta ao que lle rendemos tributo é Xosé Mª. Díaz Castro, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.
A estas alturas xa todos coñecemos un pouco máis a Xosé María Díaz Castro pero non está de máis lembralo aquí no noso blogue.  Naceu o 19 de febreiro do 1914 en O Vilariño, lugar de San Vicente dos Vilares, Concello de Guitiriz, en Lugo. Seus pais, Isidro Díaz e María Castro, labregos, tiveron catro fillos: Antonio, María, Xosé María e Serafín. Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos estreouse cun poema en castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que seguiría colaborando moi esporadicamente. En 1929 ingresa no Seminario de Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín e Humanidades, outros tres de Filosofía e dous de Teoloxía. É alí onde confirma a súa vocación de escritor, segundo el mesmo manifestou.
                                   Fonte consultada: Secretaría Xeral de Política Lingüística

9 de novembro de 2013

Problemáticas Primaria

"Problemáticas" é un recurso que céntrase en facilitar a tarefa da resolución de problemas de forma amena e divertida.

 problemáticas

2 de outubro de 2013

Zygote Body

Trátase doutra fantástica ferramenta que nos ofrece Google e que nos permite facer unha exploración en 3D detallada e espectacular do corpo humano, separando os ósos, músculos, órganos, sistema circulatorio, sistema nervioso e cerebro. A navegación é semellante á de Google Earth e os resultados sorprendentes.

 Zygote Body


4 de xullo de 2010

EDMODO. Crea unha rede social na aula


Edmodo é unha plataforma de microblogging privado na que os profesores e os estudantes poden utilizar para enviar notas, ligazóns, arquivos, alertas, tarefas e eventos aos demais. O servizo é gratuíto e está dirixido aos profesores e as súas clases.

Os profesores rexístranse e, a continuación, crean os grupos. Cada grupo ten un código único que é distribuído polo mestre á clase. A continuación, os estudantes poden inscribirse (non se require a dirección de correo electrónico) e unirse ao grupo, utilizando o código.

3 de xullo de 2010

Nova versión de Constructor.



CONSTRUTOR é unha ferramenta de autor que permite crear de xeito doado materiais educativos dixitais grazas ao seu extenso plantilleiro e á sinxela técnica de traballo cos elementos multimedia, baseada no sistema de arrastrar e soltar elementos no espazo de traballo. Os materiais creados con CONSTRUTOR son, ademais, doadamente modificables, o que permite a súa permanente actualización e adaptación a situacións educativas cambiantes.

Na web de Educarex pódese descargar a última versión de Constructor.

28 de maio de 2010

Aprendendo a pensar

Debe basearse a educación en almacenar coñecementos e coñecementos que se esquecen 2 días despois da súa avaliación nun exame? Aprender a pensar será o que nos permita resolver creativamente os problemas que ao longo das nosas vidas nos vaian xurdindo.

9 de abril de 2010

A educación prohibida

A película "La educación prohibida" é froito do traballo dun grupo de novos estudantes de cine que, preocupados polo futuro da educación, investigan proxectos pedagóxicos que buscan unha nova forma de educar. Contra o que se crería, hai moita variedade de proxectos que buscan un mesmo fin, modernos, antigos, occidentais e orientais. As similitudes entre eles levaron a estes novos cineastas a querer unir enfoques e puntos de vista mediante este documental.







A educación prohibida é un proxecto de longametraxe cuxa idea é expor os eternos problemas da educación e presentar técnicas e filosofías educativas que, acordes á felicidade e o crecemento integral do ser humano, ofrezan unha solución que contribúa a un mellor desenvolvemento social.

Está previsto que a película estea lista para fins do 2010, momento no que poderá ser descargada sen custo algún por Internet desde a páxina do grupo. Quen o desexe, tamén pode colaborar de diversas formas na súa realización.

Os fundamentos pedagóxicos do proxecto pódense consultar na mesma web. Algúns destes principios son:

  • O interese do mestre debe ser satisfacer ao seu alumno para fomentar o seu crecemento, non controlalo.
  • O mestre debe confiar en que o neno crecerá e aceptar que non ten que adaptalo ao seu concepto de normal.
  • Os valores non están para ser ensinados, senón para ser vividos.
  • A cognición dos valores e coñecementos fúndase nas emocións, o mellor xeito de educar é mediante o exemplo.

Sitio oficial: La educación prohibida
Fonte: Rosana Larraz

11 de marzo de 2010

Semana da prensa

Do 8 ao 12 de febreiro celebramos a "Semana da Prensa na Escola", unha iniciativa promovida pola Voz de Galicia. Trátase duns días no que a prensa escrita está máis presente, se cabe, na vida do centro. O obxectivo é que os nenos coñezan a diversidade dos medios de comunicación escritos, de fomentar a lectura e a escritura e desenvolver unha análise crítica destes medios.

Unha das actividades que programamos foi que o alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria puido participar nunha charla cun xornalista de " La Voz de Galicia", que visitou o noso centro co obxectivo de dar a coñecer ao noso alumnado a profesión de xornalista e todo o proceso de elaboración dun xornal desde o momento en que xurde unha nova ata a súa publicación.


3 de marzo de 2010

Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego.

Dende a coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística veñen de lanzar a campaña"Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego". Para elo contaron coa participación de destacados persoeiros da vida galega, Martiño Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro. Todos eles saen no video coa idea de transmitir un sentimento de orgullo sobre a nosa lingua e para elo fanno en tres idiomas: galego, castelán e inglés, parodiando as bases para o decreto do plurilingüismo.

Preténdese chegar aos máis novos para que entendan que a lingua galega lonxe de ser un problema é un rico patrimonio de futuro que os dota dunha identidade propia ao mesmo tempo que posibilita o contacto con millóns de persoas no mundo.

Deixámosvos a continuación os dous videos da campaña que foron dirixidos por Antón Reixa.





14 de febreiro de 2010

Divisións con números grandes

Agora que xa sabemos que dividir consiste en repartir en partes iguais, imos a practicar un pouco. Na web de educación do goberno de Canarias teñen un xogo moi interesante co que aprender paso a paso divisións con números grandes no dividendo.


31 de xaneiro de 2010

Celebramos o Día da Paz

O pasado 29 de xaneiro celebramos o "Día escolar da paz e non violencia" con diversas actividades encamiñadas a tomar conciencia de que a construcción dun mundo mellor, máis xusto e solidario é posible.

17 de decembro de 2009

Volve o Apalpador

O centro social Madia Leva de Lugo está a recuperar a figura do Apalpador, o Papá Noel galego, un personaxe mítico, orixinario das montañas do Courel e Os Ancares, propio do Nadal en Galicia.

Dende Madia Leva reivindican este personaxe mítico, propio da nosa cultura, que nada ten que ver co importado e foráneo Papá Noel dos países nórdicos.

Desde Madia Leva sinalan que "O Apalpador non é amigo dous centros comerciais, nin dás multinacionais e prefire presentes feitos a man, con materiais reciclados ou adquiridos nun comercio local".

Ata non fai moito tempo, os avós aínda o recordan, Galicia tivo un personaxe popular, mítico, que era o equivalente do Papá Noel, que importamos das culturas nórdicas. Este ser orixinario das terras altas do Courel e O Cebreiro, propio do folclore galego, era O Apalpador ou Apalpa Barrigas.

Rescatado do esquecemento polo investigador José André López González, este ser fantástico é un xigante, de profesión carboeiro, que polas festas de Nadal baixaba das devesas da montaña lucense para visitar aos máis pequenos o último día do ano e comprobar se estaban ben alimentados, para o que lles palpaba a barriga e deixáballes de agasallo unhas castañas quentes. Se os nenos comían ben, dicíalles "Así, así esteas todo o ano".

O vello carboeiro voltará este nadal a apalpar as barrigas dos nenos e darlles castañas traidas desde as montañas do Courel. Pasará polo centro social de Madia Leva o mércores día 30 ás 20h:30 para logo percorrer as ruas da cidade de Lugo.

18 de novembro de 2009

Debuxos para colorear

14 debuxos de Cars listos para imprimir e colorear. Preme na imaxe para descargalos.

16 de novembro de 2009

Impresionante forma de expresión artística

Kseniya Simonova é a gañadora da edición Ucraniana de "Tienes Talento". Alcanzou a final e nela executou en directo unha animacion da invasión de Ucrania durante a Segunda Guerra Mundial, usando soamente os seus dedos e unha superficie de area.


15 de novembro de 2009

Mandalas

En sánscrito mandala significa círculo.

Os mandalas, cuxo orixe atópase na India, son formas xeométricas concéntricas organizadas en distintos niveis visuais. Dende un punto de vista espiritual, representan o centro enerxético de equilibrio e purificación das persoas. Non en balde, o círculo é a forma máis perfecta: representa a eternidade. Estes circulos máxicos producen efectos sobre os nosos hemisferios cerebrais, capaces de producir estados de relaxación. Principalmente, lógrase un equilibrio entre o racional e o emocional.

Os mandalas son moi utilizados no budismo e hinduísmo. O seu papel pode variar dende o puramente decorativo para a súa utilización na meditación, oración, ou como un medio de curación e/ou mental ou desenvolvemento espiritual.

O psiquiatra suízo Carl G. Jung ademais de publicar varios ensaios acerca dos mandalas, tamén os utilizou como parte da terapia para alcanzar a individualidade e recuperar o contacto que os homes perderan consigo mesmos. Para el, estas figuras representan a totalidade da mente, tanto consciente como inconsciente. Foi a partir do seu traballo diario cos mandalas que elaborou a súa teoría sobre a estrutura da psique humana e o inconsciente colectivo.

Os nenos poden colorear mandalas desde ben pequenos, como paso previo á creación dos mesmos é conveniente que empecen con figuras simples. O traballo sistemático e constante con mandalas permítelles reforzar o contacto con o seu propio eu (o "self" de Jung, ese que os adultos perdemos nalgún punto da nosa vida); con iso expándese a propia conciencia, sanando, harmonizando o mundo interior co mundo exterior, mellorando a expresividade e fomentando a creatividade á vez que se desenvolven os sentidos. É, tamén, unha primeira toma de contacto coa meditación: libéranse tensións e empézase a transitar pola senda da propia aceptación.

Por suposto, o lugar e o momento deben ser os adecuados para o desenvolvemento desta actividade. Debemos deixar que sexa o neno quen elixa o debuxo que máis lle apeteza colorear nese momento e proverlle de material diverso e suficiente. Ademais, as cores utilizadas polo neno (e tamén as formas elixidas, cando comece a debuxalos por se mesmo) darannos moitas pistas acerca da súa personalidade e do seu estado de ánimo ou, como dicía Jung, de "a situación interna do momento".

Na aula podemos empregar osmandalas para traballar e relaxar a atención dos nosos alumnos.

Entre as moitas técnicas de relaxación oriental, encóntrase a de pintar mandalas, que son publicadas en libros semellantes aos libros de cor para nenos, onde o mandala é só deseñada con liñas e o resto disposto en cor branca para colorear. Esta técnica de relaxación non require ningunha disciplina expresa, como pode selo noutras, xa que quen o está facendo o colorea segundo os seus gustos estéticos e imaxinativos. Pódena realizar persoas de calquera idade reforzando así a súa capacidade creativa.

Tamén podemos dirixir o coloreado do mandala, indicando as cores cos que se teñen que colorear cada unha das zonas dos mandalas. Podemos partir de mandalas máis sinxelas para os nenos máis pequenos ou para alumnos con necesidades educativas especiais. Cos mandalas traballaremos a psicomotricidade fina, a discriminación de cores, a atención, a creatividade...

Podemos reforzar as sesións de traballo con mandalas acompañandoos con música relaxante.

Como pintar?

Nun lugar tranquilo ollaremos concentrados para o noso mandala, despois de observar por un longo tempo constataremos que se move, é a enerxía que está en movemento!

É conveniente empezar a pintalo de fóra cara a dentro, isto represéntanos o autocoñecemento do externo cara ao noso centro, cara ao noso interior.

Decide a dirección hacia onde vas pintalo e trata de mantela.

Ao elixir as cores podes facelo de xeito intuitiva, non importa que non combinen as cores entre si! deste xeito poderás descifrar o teu estado de ánimo. Tamén poderás facelo elixindo as cores e trata de cambiar o teu estado de ánimo deste xeito.

Se non terminaches o mandala nese momento, déixao así, a próxima vez que queiras pintar un, elixe un novo, con cores que vaian máis acorde co teu estado de ánimo nese momento.

Se queres que o mandala che guíe para o autocoñecemento, non penses en formas nin cores, deixa que só che vaia guiando, facendo o que nese momento de xeito intuitiva maza en ti.

As formas e os seus significados

Os mandalas non son simples debuxos de cores. Todos os elementos que neles se integran teñen un significado. Coñece algúns dos máis utilizados:

  • Círculo: movemento. O absoluto. O verdadeiro eu.
  • Corazón: sol. Amor. Felicidade. Alegría. Sentimento de unión.
  • Cruz: unión do ceo e a terra. Vida e morte. O consciente e o inconsciente.
  • Cadrado: procesos da natureza. Estabilidade. Equilibrio.
  • Estrela: símbolo do espiritual. Liberdade. Elevación.
  • Espiral: vitalidade. Enerxías curativas. Procura constante da totalidade.
  • Hexágono: unión dos contrarios.
  • Labirinto: implica a procura do propio centro.
  • Bolboreta: autorenovación da alma. Transformación e morte.
  • Pentágono: silueta do corpo humano. Terra, auga, lume.
  • Rectángulo: estabilidade. Rendemento do intelecto. A vida terreal.
  • Triángulo: auga, inconsciente (cara abaixo); vitalidade, transformación (cara arriba); agresión cara a un mesmo (cara ao centro)

Que queren dicir as cores?

O uso das cores nos mandalas tamén ten un significado especial. O seu uso está relacionado co estado de ánimo de quen os pinta ou debuxa. Descobre o que esconde cada tonalidade:

  • Branco: nada, pureza, iluminación, perfección.
  • Negro: morte, limitación persoal, misterio, renacemento, ignorancia.
  • Gris: neutralidade, sabedoría, renovación.
  • Vermello: masculino, sensualidade, amor, arraigamiento, paixón.
  • Azul: tranquilidade, paz, felicidade, satisfacción, alegría.
  • Amarelo: sol, luz, jovialidad, simpatía, receptividade.
  • Laranxa: enerxía, dinamismo, ambición, tenrura, valor.
  • Rosa: aspectos femininos e infantís, dozura, altruísmo.
  • Morado: amor ao próximo, idealismo e sabedoría.
  • Verde: natureza, equilibrio, crecemento, esperanza.
  • Violeta: música, maxia, espiritualidade, transformación, inspiración.
  • Ouro: sabedoría, claridade, lucidez, vitalidade.
  • Prata: capacidades extrasensoriales, emocións fluctuantes, benestar.
Podes descargar imáxenes de mandalas premendo aquí

6 de novembro de 2009

Ben Falado!

Déixovos un vídeo do programa "Ben Falado" emitido pola TVG. Trátase dunha emotiva carta dunha muller que ao longo da súa vida viviu en diferentes paises e que falou diversas linguas pero que descubriu que cando ten que falar dos seus sentimentos, do que leva máis dentro, só lle serve o galego porque é a lingua coa a que ela sinte que pertence a un pobo, a unha identidade, a unha cultura propia.