15 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014



Mañá venres celebraremos no salón de actos as Letras Galegas. Coma xa sabedes, este ano 2014, o poeta ao que lle rendemos tributo é Xosé Mª. Díaz Castro, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.
A estas alturas xa todos coñecemos un pouco máis a Xosé María Díaz Castro pero non está de máis lembralo aquí no noso blogue.  Naceu o 19 de febreiro do 1914 en O Vilariño, lugar de San Vicente dos Vilares, Concello de Guitiriz, en Lugo. Seus pais, Isidro Díaz e María Castro, labregos, tiveron catro fillos: Antonio, María, Xosé María e Serafín. Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos estreouse cun poema en castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que seguiría colaborando moi esporadicamente. En 1929 ingresa no Seminario de Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín e Humanidades, outros tres de Filosofía e dous de Teoloxía. É alí onde confirma a súa vocación de escritor, segundo el mesmo manifestou.
                                   Fonte consultada: Secretaría Xeral de Política Lingüística