27 de febreiro de 2009

A atmosfera

No comezo do mes de marzo comezaremos co estudio da atmosfera e o tempo (Unidade 9). Déixovos uns vídeos explicativos sobre este tema.



O ciclo da auga

A continuación inclúese un vídeo sobre o ciclo da auga para complementar o estudio da unidade 7.

18 de febreiro de 2009

Traballando no xardín

Esta semana os xardineiros do Concello estiveron realizando traballos de poda no xardín da nosa escola e quixemos aproveitar algúns dos escallos procedentes dos restos da poda feita coas hortensias para plantalos no xardín e deste xeito experimentar o que estudamos en Coñecemento do Medio sobre a reproducción non sexual das plantas.

12 de febreiro de 2009

Exposición Galicia Dixital

Onte mércores visitamos xunto cos compañeiros de 4º curso a exposición itinerante Galicia Dixital. Puidemos disfrutar de dous cortometraxes en 3D, abalar unha pantalla coas máns que nos mostrou as diversas festas ao longo da xeografía galega, pilotar un coche de carreiras que contaba coa tecnoloxía de proxección estereoscópica en 3D, actuar nun decorado virtual ante unha cámara de vídeo, correr nuns aerodeslizadores que descenden pola zona histórica dunha cidade galega virtual e xogar con Axóuxere que é un canciño robotizado que fala galego , interactúa coa xente e obedece as ordes que lle envían mediante un ordenador.

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, co obxectivo de conseguir que os visitantes disfruten cunha experiencia nova e diferente á dos museos convencionais ao coñecer as novas tecnoloxías aplicadas ao mundo audiovisual de xeito lúdico. Aquí o visitante non é un mero espectador xa que se posibilita a interactividade de xeito que podamos participar en todo o percorrido do que consta a exposición.

Pódese visitar dende o 9 ata o 14 de febreiro na Casa da Cultura en A Pastoriza, con horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. A entrada é de balde e para todos os públicos. Ven a ser unha réplica da exposición permanente que podemos ver en San Martiño Pinario (Santiago).

Podedes atopar máis información na web de Galicia Dixital