8 de setembro de 2015

HORARIO CURSO 2015-16

.

7 de setembro de 2015

Listado de material curso 2015-16


·       
• 6 cadernos de folla cuadrícula (5x5 mm), sen gusanillo, con marxe impreso, tamaño A4. (Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Valores Sociais e Cívicos). Preferiblemente de diferentes cores para así diferencialas por materias. 

• Axenda escolar 2015-16.

• 1 estoxo con lapis Staedtler nº 2, goma de borrar, afialapis con depósito, tesoiras de punta roma, 1 barra de pegamento, 1 pilot negro de punta fina e bolígrafos de tinta azul, vermella e verde.

• 1 caixa de lapis de cores. 

• 1 xogo de material xeométrico: regra de 30 cms transparente, escuadra, cartabón, transportador de ángulos e compás.

 • 1 carpeta con fundas de plástico tamaño folio para gardar exames e fichas soltas. 






12 de decembro de 2014

RECOMENDACIÓN DE LECTURAS PARA O NADAL


Xa están preto as vacacións de Nadal, días para compartir ca nosa xente, para xogar e para descansar despois dun duro trimestre e poder vir con novos folgos. Ademáis, dado o tempo libre que teremos, podemos aproveitar para desfrutar da lectura cun bo libro e velaiquí a nosa proposta.

 video youtube


Meu irmán o xenio
Premio Edebé de literatura infantil
Autor/a: Rodrigo Muñoz Avia
Ilustrador/a: Jordi Sempere
ISBN: 978-84-8349-250-5
№ páxinas: 186
Tamaño real: 19,5 x 13
PVP: 8,60 €
Xénero: Narrativa
Educación en valores: amizade-amor, igualdade de sexos, respecto polos maiores...

Reseña:
O mundo divídese en dous tipos de persoas: os xenios e os demais. Iso é o que di a miña nai.Entre os xenios, está o meu irmán.Entre os demais, estou eu. Claro que a miña nai non o di así, pero eu ben sei que o pensa. Tamén o penso eu, a verdade. Chámome Lola, teño dez anos e gústame o fútbol.

_________________________________________________________________________



Treinta y tres días antes de conocerte.
IV Premio de Literatura Infantil Ciudad de Málaga, 2013
Autor: Paloma Muiña
Ilustrador: Cinta Villalobos
Colección: Libros singulares
ISBN: 978-84-678-4011-7
Precio: 10 €
Tamaño: 13,5 x 21 cm.
88 páginas
Género: Narrativa
Temática: Relaciones humanas. Humor - Sátira.
Educación en valores: Empatía, tolerancia, justicia.
Educación para la convivencia: Amistad, amor, lealtad


Reseña:
Las vacaciones de verano han comenzado y Jaime esta dispuesto a disfrutarlas al máximo, cuando irrumpen en su vida los nuevos vecinos. Una familia muy especial formada por: la madre, que no deja de cambiar de color de pelo y de vestir de forma estrambótica; el padre, de lágrima fácil; el abuelo, que habla con la televisión; Enrique, el hermano al que solo ellos pueden ver; el gato, un poco feo; y «la nena». Ella será la que más intrigue al protagonista pues, aunque todavía no la conoce, lo que sabe de ella le asusta y le fascina. ¿Quién no quiere saber más de una chica como esa?

30 de outubro de 2014

Samaín 2014

Hoxe quixemos celebrar o Samaín cunha pequena exposición de cabazas que tallamos entre todos. A nosa intención ao tallalas foi que cada unha delas espertara una emoción distinta. Este foi o resultado:



A antiga festividade céltica do samaín  foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

A orixe etimolóxica da palabra Halloween provén da expresión "All Hollows Eve", que en castelán significa "A véspera de todos os Santos". Foi o xeito que tivo a Igrexa de apropiarse dunha celebración de orixe pagá. Porque eran os celtas quenes celebraban o Samaín (Samhain en Irlanda e Escocia), os cales honraban aos seus antecesores a noite do 31 de Outubro ao 1 de Novembro. Dende fai uns anos na Galiza estamos a recuperar esta tradición celta. Samaín marcaba para os celtas o comezo do inverno e tamén o comezo do novo ano. O obxectivo era honrar aos antepasados, escorrentar aos malos espíritos e celebrar o ritual da última colleita.

Fonte consultada: Galipedia






9 de outubro de 2014

FACENDO PAN

Aproveitando o estudo do tema 1 "Os seres vivos" na área de Ciencias da Natureza aprendimos que hai alimentos moi importantes para o ser humano, como o pan, que non poderíamos fabricar sen a axuda de certos seres vivos como son os fermentos.
O fermento empregado para facer pan tamén se coñece polo nome de "masa nai" e é unha mestura fundamentalmente de fariña e auga, habitualmente en proporcións similares, na que se propicia a reprodución dos fungos ou fermentos que de forma natural se encontran dispersos no  noso ambiente. Estes fermentos, do xénero Saccharomyces, son uns microorganismos que se adhiren á superficie dos froitos e grans, por iso existen nas fariñas, especialmente nas integrais, que conservan polo menos parte da envoltura exterior do gran. Ao mesturar a fariña con auga e deixar repousar a mestura, a temperatura ambiente, pasado un tempo estes microorganismos comezan a reproducir e a fermentar esa masa. Normalmente é tan só cuestión de ter un pouco de paciencia.


Despois de 5 días alimentando a nosa masa nai xa a tiñamos lista para facer pan. Facer pan con masa nai, é dicir, engadir a unha masa de pan unha porción de masa previamente feita e en plena fermentación, é o método que usaban os nosos antergos para fermentar o pan, usar masa vella fermentada dun amasado anterior, moito mellor que a levadura artificial que mercamos no super. Esta masa nai vainos proporcionar un pan con máis sabor e cunha maior duración. Nós non tiñamos masa nai previa polo que comezamos o proceso de cero, fabricando o noso propio fermento.

Velaiquí algunhas fotos dalgunha parte do proceso. Amasamos na nosa aula e unha vez a masa levedou, duplicando o seu tamaño, xa estaba lista para bolear polo que dividímola en pequenos boliños e nun bolo grande que deixamos fermentar unhas  dúas horas para  posteriormente levalo xa ao forno do comedor.
















E eiquí están os mestres panadeiros artífices deste fantástico pan:









20 de xuño de 2014

LECTURAS PARA O VERÁN (2014)

Xa estamos de vacacións. É o momento de descansar, estar coa familia e os amigos, xogar, ir á praia, á piscina... Pero tamén podemos dedicar un pouco do noso tempo para desfrutar da lectura cun bo libro.

Velaiquí unha proposta variada, tanto en lingua galega coma castelá, para que poidades escoller o que máis vos guste. 

(Preme na imaxe para ver todo o documento).

 lecturas verán

13 de xuño de 2014

Terras do Miño

Este venres fomos a Lugo para visitar o Centro de Interpretación Terras do Miño. As instalacións atópanse nun antigo muíño do século XIX, situado na beira do río Rato.

Esta visita permitiunos coñecer un pouco máis o contorno do río Miño así como sensibilizarnos da importancia do coidado deste ecosistema que no 2002 foi recoñecido pola UNESCO coa distinción de Reserva da Biosfera.







15 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014



Mañá venres celebraremos no salón de actos as Letras Galegas. Coma xa sabedes, este ano 2014, o poeta ao que lle rendemos tributo é Xosé Mª. Díaz Castro, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.
A estas alturas xa todos coñecemos un pouco máis a Xosé María Díaz Castro pero non está de máis lembralo aquí no noso blogue.  Naceu o 19 de febreiro do 1914 en O Vilariño, lugar de San Vicente dos Vilares, Concello de Guitiriz, en Lugo. Seus pais, Isidro Díaz e María Castro, labregos, tiveron catro fillos: Antonio, María, Xosé María e Serafín. Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos estreouse cun poema en castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que seguiría colaborando moi esporadicamente. En 1929 ingresa no Seminario de Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín e Humanidades, outros tres de Filosofía e dous de Teoloxía. É alí onde confirma a súa vocación de escritor, segundo el mesmo manifestou.
                                   Fonte consultada: Secretaría Xeral de Política Lingüística

9 de novembro de 2013

Problemáticas Primaria

"Problemáticas" é un recurso que céntrase en facilitar a tarefa da resolución de problemas de forma amena e divertida.

 problemáticas

2 de outubro de 2013

Zygote Body

Trátase doutra fantástica ferramenta que nos ofrece Google e que nos permite facer unha exploración en 3D detallada e espectacular do corpo humano, separando os ósos, músculos, órganos, sistema circulatorio, sistema nervioso e cerebro. A navegación é semellante á de Google Earth e os resultados sorprendentes.

 Zygote Body


4 de xullo de 2010

EDMODO. Crea unha rede social na aula


Edmodo é unha plataforma de microblogging privado na que os profesores e os estudantes poden utilizar para enviar notas, ligazóns, arquivos, alertas, tarefas e eventos aos demais. O servizo é gratuíto e está dirixido aos profesores e as súas clases.

Os profesores rexístranse e, a continuación, crean os grupos. Cada grupo ten un código único que é distribuído polo mestre á clase. A continuación, os estudantes poden inscribirse (non se require a dirección de correo electrónico) e unirse ao grupo, utilizando o código.

3 de xullo de 2010

Nova versión de Constructor.



CONSTRUTOR é unha ferramenta de autor que permite crear de xeito doado materiais educativos dixitais grazas ao seu extenso plantilleiro e á sinxela técnica de traballo cos elementos multimedia, baseada no sistema de arrastrar e soltar elementos no espazo de traballo. Os materiais creados con CONSTRUTOR son, ademais, doadamente modificables, o que permite a súa permanente actualización e adaptación a situacións educativas cambiantes.

Na web de Educarex pódese descargar a última versión de Constructor.

28 de maio de 2010

Aprendendo a pensar

Debe basearse a educación en almacenar coñecementos e coñecementos que se esquecen 2 días despois da súa avaliación nun exame? Aprender a pensar será o que nos permita resolver creativamente os problemas que ao longo das nosas vidas nos vaian xurdindo.

9 de abril de 2010

A educación prohibida

A película "La educación prohibida" é froito do traballo dun grupo de novos estudantes de cine que, preocupados polo futuro da educación, investigan proxectos pedagóxicos que buscan unha nova forma de educar. Contra o que se crería, hai moita variedade de proxectos que buscan un mesmo fin, modernos, antigos, occidentais e orientais. As similitudes entre eles levaron a estes novos cineastas a querer unir enfoques e puntos de vista mediante este documental.







A educación prohibida é un proxecto de longametraxe cuxa idea é expor os eternos problemas da educación e presentar técnicas e filosofías educativas que, acordes á felicidade e o crecemento integral do ser humano, ofrezan unha solución que contribúa a un mellor desenvolvemento social.

Está previsto que a película estea lista para fins do 2010, momento no que poderá ser descargada sen custo algún por Internet desde a páxina do grupo. Quen o desexe, tamén pode colaborar de diversas formas na súa realización.

Os fundamentos pedagóxicos do proxecto pódense consultar na mesma web. Algúns destes principios son:

  • O interese do mestre debe ser satisfacer ao seu alumno para fomentar o seu crecemento, non controlalo.
  • O mestre debe confiar en que o neno crecerá e aceptar que non ten que adaptalo ao seu concepto de normal.
  • Os valores non están para ser ensinados, senón para ser vividos.
  • A cognición dos valores e coñecementos fúndase nas emocións, o mellor xeito de educar é mediante o exemplo.

Sitio oficial: La educación prohibida
Fonte: Rosana Larraz