6 de novembro de 2008

Celebración do Magosto




A castaña que antano alimentou a poboación rural en momentos difíciles, recibiu hoxe a súa merecida homenaxe coa celebración dun magosto no patio da escola.

Pepe, o mestre de 4º curso foi quen fixo as labores de "castañeiro" ante a atenta mirada dos mais pequenos. Unha vez asáronse todas ás castañas repartíronse entre os alumnos que previamente confeccionaran un cornete con papel de xornal.

25 de outubro de 2008

Visitounos o C.B.F. Porta XI Ensino de Lugo.

Onte venres visitaronnos o entrenador e dúas xogadoras do Club de Balocento Femenino Porta XI Ensino. Os alumnos fixeron numerosas preguntas sobre a marcha do equipo na liga ademais de interesarse polo día a día do entrenador e das xogadoras. Despois da "ronda de prensa" firmaron unha chea de autógrafos para a continuación facer xunto cos alumnos unha serie de lanzamentos a canastra.


O sorteo dunha serie de prendas deportivas, das que Jose Edrosa foi un dos agraciados, puso punto e final a visita, non sin antes facerlles unha invitación para que acuda todo o equipo ao noso pabellón e nos ofreza unha pequena demostración do seu xogo, comprometéndonos a ilas apoiar nun partido de liga.

23 de outubro de 2008

Plantillas de caligrafía



En www.mclibre.org podemos atopar unha interesante ferramenta para traballar con aqueles alumnos que precisen mellorar a súa escritura. Trátase dun xenerador de plantillas de caligrafía en formato PDF. So temos que cubrir o formulario coa frase que se queira e, elixir o tipo de pauta, o número de liñas e o tipo de letra. Unha vez marcadas as opcións nos xenerará un arquivo en formato PDF co poderemos abrir ben co Adobe Acrobat Reader ou co máis liviano Foxit Reader. Ademáis, a diferenza doutras páxinas semellantes conta con varios idiomas, entre eles o galego.

Blog de aula

"O noso blog" nace no curso 2008-09 coa intención de recoller contidos tanto dos alumnos de 3º curso de Educación Primaria coma do seu docente. Este blog servíranos de plataforma en internet para reflexar as aprendizaxes realizadas na aula e de paso reflexionar sobre elas. Ademais, deste xeito os alumnos experimentarán o uso de internet con fins educativos e culturais.