25 de outubro de 2008

Visitounos o C.B.F. Porta XI Ensino de Lugo.

Onte venres visitaronnos o entrenador e dúas xogadoras do Club de Balocento Femenino Porta XI Ensino. Os alumnos fixeron numerosas preguntas sobre a marcha do equipo na liga ademais de interesarse polo día a día do entrenador e das xogadoras. Despois da "ronda de prensa" firmaron unha chea de autógrafos para a continuación facer xunto cos alumnos unha serie de lanzamentos a canastra.


O sorteo dunha serie de prendas deportivas, das que Jose Edrosa foi un dos agraciados, puso punto e final a visita, non sin antes facerlles unha invitación para que acuda todo o equipo ao noso pabellón e nos ofreza unha pequena demostración do seu xogo, comprometéndonos a ilas apoiar nun partido de liga.

0 comentarios :